Fragas do Eume
Achegámonos ao Parque Natural das Fragas do Eume.
En Galicia chamámoslle fragas ás zonas de bosque espesas: carballeiras, ameneiras, bidueiras, freixedos, etc., acompañados por outras especies como castiñeiros, acivros, espiños, loureiros, érbedos e olmos. As Fragas do Eume osn as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos escasísimos bosques do seu tipo no continente. Luz, solo e auga son as tres columnas sobre as que se levanta o complexo ecosistema das fragas, delas sérvense as plantas e as árbores para alimentarse e construír os seus troncos, follas, froitos ... dos que despois se alimentarán os animais.