Nota legal
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, o ProxectoTERRA é un proxecto educativo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (en diante, COAG) sendo os seus datos identificativos os seguintes:
- Denominación social: ProxectoTERRA-Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
- C.I.F.: Q1575005B
- Domicilio social: Quintana 1, 2º 15704 Santiago de Compostela
- Teléfono: 981 552 400
- Correo electrónico a efectos de comunicación: proxectoterra@coag.es
CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN
O presente aviso legal regula o uso do sitio web (en diante, A WEB) do que é titular o COAG.
A navegación pola Web do ProxectoTERRA atribúe a condición de usuario do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal , que poden sufrir modificacións.
O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, non obstante, ProxectoTERRA-COAG condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa Web á previa cumprimentación do correspondente formulario.
De todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, non poden entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos, alén do estritamente necesario para o correcto uso da Web.
O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique ao ProxectoTERRA-COAG e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.
O usuario queda obrigado a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte ao ProxectoTERRA-COAG ou fronte a terceiros de calquera dos danos ou prexuízos que puideran causarse como consecuencia do incumprimento de dita obrigación.
POLÍTICA DE ENLACES E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES
ProxectoTERRA-COAG non se fai responsable do contido das páxinas web ás que o usuario poida acceder a través dos enlaces establecidos no seu sitio e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede.
Así mesmo, tampouco garantirá a disponibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio dos enlaces.
ProxectoTERRA-COAG declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calquera dano aos usuarios do seu sitio web que puidera derivarse da navegación pola súa páxina web. En consecuencia, ProxectoTERRA-COAG non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidera sufrir o usuario.
USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS
Esta páxina web pode recoller datos persoais dos seus visitantes por medio do uso de cookies. Consultar a Política de Cookies no seu caso. O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro.
PROTECCIÓN DE DATOS
Infórmaselle que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán incorporados a un ficheiro titularidade de ProxectoTERRA-COAG con domicilio en Quintana 1, 2º 15704 Santiago de Compostela, que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro. A finalidade de dito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas e a remisión de información que ProxectoTERRA-COAG poida efectuar nun futuro.
Mediante o envío dos mencionados formularios o usuario autoriza a enviarlle información a través de correo postal ou correo electrónico dos recursos, actividades e servizos de ProxectoTERRA-COAG.
Así mesmo, ProxectoTERRA-COAG cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/ 1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.
O usuario poderá revogar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito a ProxectoTERRA-COAG no seguinte enderezo: Quintana nº 1, 2º, 15704 Santiago de Compostela, ou ben a través do seguinte correo electrónico: proxectoterra@coag.es, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.
ProxectoTERRA-COAG adopta os niveis de seguridade correspondentes requeridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demais normativa aplicable.
Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.