Casa Rodríguez Trigo (1914)

Casa Rodríguez Trigo (1914)

Autor: Rodolgo Ucha Piñeiro

Ocupa toda a profundidade que ofrece o longo do quinteiro, presentando dous alzados claramente diferenciados, ao da rúa Rel, un pano acristalado onde se realza a verticalidade cunha orde dobre de miradoiros, entre os cales destacan uns ocos centrais con voluminosos e decorativos recercados. A outra fachada de aspecto masivo e cunha planta menos, debido á diferenza de cotas existentes eentre ambos extremos do predio, fai do miradoiro central o punto focal dunha escenográfica composición.

"Guía de Arquitectura Ferrol e Comarca" editado polo COAG Delegación Ferrol

Cerca de aquí