Pescadería (1910-1923)

Pescadería (1910-1923)

Autor: Rodolfo Ucha Piñeiro

Moitos dos rasgos que caracterizaban a este contedor de volume único fóronse perdendo no tempo, como era a súa cuberta con chapas de zinc e cun lucernario central, ou os moitos detalles dunha ornamentada reixería aplicados en lugares diversos. Mantéñense sen embargo, unhas voluminosas pilastras de ingluencia vienesa que , sobrevoando a cuberta, delimitan o seu perímetro á vez que contén o amplo arco que perfora as fachadas transversais. Estas remátanse superiormente cunha discreta peineta que tamén remarca os accesos.

"Guía de Arquitectura Ferrol e Comarca" editado polo COAG Delegación Ferrol

Cerca de aquí