Edificio Cobeko (1918-1920)

Edificio Cobeko (1918-1920)

Autor: Rodolgo Ucha Piñeiro

Protagonismo absoluto dos miradoiros acristalados, curvados os de esquina, ou centrais para cada unha das fachadas cuxa superposición crea eixos verticais que definen simetrías. A primeira cornixa acotaba esta perspectiva formando o remate do edificio, con posterioridade na ampliación mimética realizada por ucha, repetirase unha planta máis arriba. Co uso do formigón armado aumentan as posibilidades de apertura de novos ocos como ocorre na esquina, punto de acceso ao comercial na planta baixa.

"Guía de Arquitectura Ferrol e Comarca" editado polo COAG Delegación Ferrol

Cerca de aquí