Banco da Coruña (1919)

Banco da Coruña (1919)

Autor: Rodolfo Ucha Piñeiro

Buscando unha imaxe que fose axeitada para a entidade bancaria conséguese deseñar un robusto edificio, situado sobre unha parcela en esquina bastante alongada. A entrada prodúcese polo menor dos seus lados, debido á importancia da rúa á que dá fronte. O corpo de acceso preséntase como un arco triunfal que se refunde na súa parte central para indicar o paso; no seu lateral este flanquea simetricamente un treito de grandes ocos acristalados, que iluminan unha diafana planta baixa.

"Guía de Arquitectura Ferrol e Comarca" editado polo COAG Delegación Ferrol

Cerca de aquí