Casa Prieto Poupariña (1933)

Casa Prieto Poupariña (1933)

Autor: Rodolfo Ucha Piñeiro

O edificio racionalista no que un corpo central bastante acristalado relaciónao coa imaxe de galerías do barrio, mentres que os balcóns curvos, prolongacións dos seus peitorís, as varandas tubulares, e a carpintería de traza horizontal que se acusa máis na planta baixa, vencéllao coa arquitectura racionalista do momento. O autor, nun intento de decoro urbanístico, prevé un remate harmónico da esquina do quinteiro, igualando a altura da cornia coa do hospicio, presumindo que a futura construción adxacente tamén a mantería.

"Guía de Arquitectura Ferrol e Comarca" editado polo COAG Delegación Ferrol

Cerca de aquí