Centro de Interpretación de Caldoval

O Centro de Interpretación de Caldoval é un proxecto museográfico do Concello de Mugardos que pon en valor o xacemento romano descuberto na enseada de Santa Lucía. Ata agora trátase dos únicos baños privados con palestra descubertos en todo o noroeste peninsular.

Pódense realizar visitas guiadas e obradoiros para grupos e familias onde descubrir como vivían e se coidaban @s habitantes da Galicia romana, como funcionaban os baños, cal era o uso e características de cada unha das estancias do circuíto termal, as vestimentas que levaban os bañistas, que facían nos seus momentos de ocio, os deportes que practicaban e as súas regras, os xogos de mesa e azar máis populares, e moitas outras cousas.

Cerca de aquí