Edificio Correo (1912)

Edificio Correo (1912)

Autor: Rodolfo Ucha Piñeiro

Concebida como unha ampliación da parcela oposta, unha axeitada distribución de patios permitía unha apropiada iluminación cenital ao seu interior. A súa ornamentada fachada amósase como un reclamo, nela os motivos xeométricos e vexetais, vanse repetindo nos distintos materiais que a compoñen. Agacha no seu deseño e no dos seus ocos, maiores que os dos edificios que a circundan, o dobre de plantas das que en realidade semella ter. Este artificio disimula un apenas perceptíbel entrechán e unha voluminosa cornixa fainos practicamente invisibel o baixo cuberta.

"Guía de Arquitectura Ferrol e Comarca" editado polo COAG Delegación Ferrol

Cerca de aquí