Edificio Parga (1939)

Edificio Parga (1939)

Autor: Nemesio López Rodríguez

A esquina deste edificio adquire unha gran forza a través de varios recursos: ser un incipiente eixo de simetría, ter un anguloso arranque favorecido polo chaflán da planta baixa, ser perforada por ocos en ángulos, e prolongar a súa aresta máis aló da liña de cornixa para formar unha torre. A horizontalidade maniféstase na liña de cornixa, os entrecortados alféizares das xanelas e os esgrafiado horizontal son tamén iconas da primeira modernidade.

"Guía de Arquitectura Ferrol e Comarca" editado polo COAG Delegación Ferrol

Cerca de aquí