Edificio Simeón (1961)

Edificio Simeón (1961)

Autor: Gerardo Martínez Calviño

Claro exemplo da integración da arquitectura moderna na trama histórica da cidade, posíbel grazas a unha conxunción de rigor e sensibilidade coa que o autor afronta o problema de darlle resposta ao lugar con formas e técnicas modernas tributarias da mellor arquitectura contemporánea. A estratéxica situación deste solar confírelle unha evidente vocación comercial, que se desenvolve nas dúas primeiras plantas. Valorando a esquina como lugar de acceso, decídese a resolución técnica da mesma, para permitir a apertura do chaflán que fose precisa.

"Guía de Arquitectura Ferrol e Comarca" editado polo COAG Delegación Ferrol

Cerca de aquí